Xornalistas Galegas fai un chamamento aos poderes públicos para a compatibilidade das convocatorias de prensa e a conciliación

Co gallo do Día da Muller, a asociación promove unha racionalización dos horarios dos actos que requiren cobertura informativa para contribuír á conciliación das mulleres dos medios, que afrontan dificultades engadidas derivadas da natureza da súa profesión Santiago, 8 de marzo de 2023. A asociación Xornalistas Galegas, formada por mulleres profesionais de todos os ámbitos …