Quen somos

Somos un colectivo de máis de 200 mulleres profesionais das Ciencias da Comunicación que desenvolven a súa actividade en Galicia en defensa dun xornalismo con perspectiva feminista.

Os nosos obxectivos son:

  • Visibilizar a muller nos medios de comunicación.
  • Desestigmatizar a presenza da muller na información.
  • Instaurar o tratamento especializado da violencia de xénero nos contidos dos medios.
  • Realizar unha “vixilancia feminista” dos contidos dos medios e denuncia pública e directa das publicacións machistas ou sexistas.
  •  Promover iniciativas profesionais feministas que eduquen e xeren conciencia social.
  • Incrementar a presenza das mulleres nos postos de responsabilidade das empresas de comunicación e rachar o teito de cristal.
  • Controlar o cumprimento real das medidas de conciliación familiar e laboral.
  • Avaliar e reorientar a situación laboral da muller en ámbitos concretos da produción xornalística.
  • Integrarnos nas iniciativas de xornalistas e comunicadoras feministas estatais vinculadas á plataforma Las periodistas paramos.
  • Colaborar con outras iniciativas feministas e entidades do ámbito da comunicación implicadas na consecución dun xornalismo con perspectiva de xénero.