Xornalistas Galegas condena os ataques ao patrimonio público e subliña o perxuizo para o movemento feminista

Xornalistas Galegas condena firmemente os ataques ao patrimonio público galego a través de pintadas aparecidas en edificios históricos do país nas últimas horas. O colectivo subliña o perxuizo que estas accións marxinais xeran ao movemento feminista, tentando velar o éxito rotundo das mobilizacións do pasado 8M.

Como asociación de mulleres comunicadoras e feministas, Xornalistas Galegas realizará o seguimento informativo correspondente a estes feitos lamentables e difundirá as novas contrastadas respecto á autoría dos feitos co obxectivo de contribuír a que sexan identificadas responsabilidades de xeito inequívoco.

One Reply to “”

  1. Pagade a reparación entre todas. Da mesma maneira que vos convocástedes para xuntarvos todiñas, convocade una recollida de cartos para afrontar os coste.

    Gústame

Deixa unha resposta a Dralexandor Cancelar a resposta