Xornalistas Galegas participa no debate sobre a discriminación da muller no deporte promovido pola II Romaría Feminista de Barbadás

A xornada celebrada o sábado 5 urxiu máis recursos e formación xudicial e sanitaria para protexer as vítimas de violencia de xénero

Towanda Rebels e Feminista Ilustrada recoñecen o papel crucial das RRSS para impulsar o movemento feminista

O municipio de Barbadás converteuse o pasado sábado en capital galega da igualdade coa celebración da II Romaría Feminista, na que interviñeron representantes públicas, comunicadoras, deportistas e activistas e investigadoras que falaron do papel trascendental xogado polas redes sociais para impulsar o feminismo e convertelo nun movemento transversal que implica a mulleres de todas as idades.

A xornada deixou clara a necesidade de proporcionar formación específica a maxistradas e maxistrados en activo, establecer protocolos no ámbito sanitario para garantir unha rigorosa atención ás vítimas de violencia de xénero ou agresións sexuais e de buscar mecanismos para incrementar a presenza de mulleres nas federacións deportivas para intentar correxir discriminacións en materia salarial ou de recursos.

A nosa compañeira e socia Silvia Vieito foi a encargada de moderar a mesa titulada “A muller no deporte”, na que Marta Bobo, Carmen Cid “Witch”, Merce Barrientos e Lorena Novas falaron do teito de cristal que soportan as mulleres deportistas, a ausencia de medios, as diferenzas salariais e os estereotipos que persisten sobre a súa imaxe. “Aínda non se acepta que o corpo das mulleres deportistas é un medio e non a fin en sí mesma”, denunciaron nunha interesante charla na que advertiron que, pese a idea que poda terse, “o número de mulleres que fan deporte a nivel competición mantense invariable dende hai 30 anos”, situación que atribúen en parte á falta de apoios públicos, patrocinadores, cobertura mediática e sensibilización dende as escolas.

O Concello de Barbadás comprometeuse a formar aos seus monitores deportivos e entrenadores para evitar diferenzas entre rapaces e rapazas de moi corta idade e incentivar equipos mixtos para que nenos e nenas convivan no campo sen distinción.

A exsecretaria de Estado de Igualdade, Laura Seara, moderou a mesa da tarde sobre “Activismo feminista nas redes”, na que Amizando abordou o fenómeno da transfobia e os estereotipos e discriminacións que padecen as mulleres trans. As integrantes de Towanda Rebels explicaron a súa transición dende o Xornalismo e a Historia cara a mobilización feminista e destacaron o potencial das RRSS á hora de rescatar do olvido a figuras clave do feminismo e pioneiras silenciadas pola historia e o relato oficial escrito maioritariamente por homes. Tamén alertaron ante os intentos reiterados do patriarcado para dividir o movemento feminista e crear tensións.

Na súa intervención María Murnau, máis coñecida como Feminista Ilustrada, puxo como obxectivo do seu traballo “conectar coa xente moza e involucrala no feminismo”. Alentou á audiencia a manter sempre un espíritu crítico e non asumir os discursos de ninguén.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: