Xornalistas Galegas subscribe un convenio de colaboración coa Universidade da Coruña

A Universidade da Coruña colaborará co Observatorio de Medios de Xornalistas Galegas para promover estudos sobre o tratamento da muller nos medios de comunicación. O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, mantivo este luns na reitoría un encontro coa nosa socia e compañeira Chus Purriños, despois de que ambas entidades asinasen un convenio de …

Cómplices

Amence escuro xa o terceiro día do 2019. Cáenos o mazazo da primeira asasinada pola violencia machista do ano cando aínda estabamos a asentar o estómago despois de comprobar como a prensa recollía esa mesma mañá un nauseabundo retrato dalgo chamado “calzonazos”. Máis gasolina ao lume machista que se emprega para matar mulleres. Para matarnos. …

Xornalistas Galegas chama aos medios a non difundir opinións que banalizan a violencia machista

A raíz da publicación dun artigo de opinión por parte de dous medios de comunicación galegos no día de onte, 2 de xaneiro do 2019, que aborda a violencia de xénero cun enfoque trivial,  Xornalistas Galegas chama aos medios a asumir a súa responsabilidade de non difundir informacións nin opinións que banalicen a violencia machista. …