Xornalistas Galegas impulsará a creación dunha axenda de expertas e un observatorio de medios

  • Mulleres profesionais de todos os ámbitos da comunicación presentan en Compostela un colectivo para acadar un xornalismo con perspectiva feminista.

Xornalistas Galegas, asociación formada por un amplo grupode comunicadoras galegas, presentou hoxe as súas liñas de traballo encamiñadas a acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria a partir da produción dun xornalismo con perspectiva feminista. O acto tivo lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

O colectivo, na súa loita pola igualdade de xénero e a erradicación definitiva do machismo e o sexismo, está traballando na elaboración dunha axenda de expertas, que permita contar con especialistas en ámbitos como a economía, a ciencia, o deporte ou o propio feminismo no tratamento da información. Xornalistas Galegas porá a disposición das redaccións galegas, nomes e entidades de referencia nos diferentes ámbitos.

A creación dun observatorio de medios, un organismo dende o que realizar unha vixilancia feminista dos contidos e o tratamento das mulleres nos medios de comunicación, así como levar a cabo as denuncias pertinentes, é outro dos alicerces da asociación. “Vemos a necesidade de facer que informacións ou opinións machistas deixen de ser costume nos medios de comunicación, por iso comprometémonos a traballar nun observatorio dos contidos dos medios en coordinación coas Universidades galegas apunta unha das voceiras do colectivo. A través da formación deontolóxica e a instalación da perspectiva feminista nos editores de contidosXornalistas Galegas promoverá o tratamento especializado da violencia de xénero na información.

Nestes meses de traballo as mulleres da comunicación, impulsadas pola euforia do éxito acadado no 8M, e no marco da plataforma LasPeriodistasParamos, participamos nun acto en Madrid no que compartimos as experiencias que estábamos a vivir para a creación de colectivos nos distintos territorios. Esa xornada serviunos “para crer en nós, para crer nesto que estamos vendo nacer e para crer que non só é urxente, senón que é posible un xornalismo feminista e que nesta loita somos moitas e estamos unidas” remarca a compañeira.

A xornalista Margarita Ledo destacou cómo cambiou a situación das mulleres xornalistas a partir do xurdimento de termos como a violencia de xénero ou o feminicidio, a creación da Comisión de Igualdade no Parlamento de Galicia, as xornadas e investigacións xurdidas dende o ámbito académico ou a Declaración de Compostela: pero é imprescindible seguir traballando, dende o ámbito académico, dende asociacións como Xornalistas Galegas, para combater o sexismo nas mulleres xornalistas nos medios de comunicación”, subliñou.

“Siento agradecimiento, alegría, optimismo, por esta expresión del feminismo, por vuestro manifiesto, por este acto de presentación pública de Xornalistas Galegas”, compartiu Rosa Cobo, escritora e teórica feminista. “As mulleres viven en desvantaxe: desvantaxe como desigualdade, marxinación, explotación, opresión”, achegounos a escritora. Cobo remarca como os medios de comunicación son poderosos axentes de socialización, e como conforman a opinión pública. Para deter a estereotipación das mulleres nos medios de comunicacióntemos que partir da implicación da sociedade civil, da acción política e dos movementos sociais, pero tamén entender que é necesaria unha formación das mulleres e das nenas en teoría feminista e estudos de xénero, para poder así desactivar as relacións de poder imperantes.

Para rematar, unha mesa de debate conformada por mulleres destacadas na súa profesión, Paz Filgueira, Mª Xosé Porteiro, Joana Magalhâes, Alba Nogueira, Silvia Pérez e Elena Roca coinciden na necesaria e imprescindible necesidade de acadar a igualdade de xénero en todos os eidos e que, para iso, o asociacionismo é unha peza fundamental.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: