Xornalistas Galegas impulsará a creación dunha axenda de expertas e un observatorio de medios

Mulleres profesionais de todos os ámbitos da comunicación presentan en Compostela un colectivo para acadar un xornalismo con perspectiva feminista. Xornalistas Galegas, asociación formada por un amplo grupode comunicadoras galegas, presentou hoxe as súas liñas de traballo encamiñadas a acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria a partir da produción dun xornalismo con perspectiva feminista. …

O 10 de novembro presentamos Xornalistas Galegas

A catedrática de comunicación e xornalista Margarita Ledo e a teórica feminista Rosa Cobo acompañan a Xornalistas Galegas na súa presentación pública O acto de presentación da asociación contará cunha mesa de expertas, voces autorizadas en distintos eidos profesionais, que falarán da necesidade dun xornalismo con perspectiva feminista A asociación Xornalistas Galegas, formada por mulleres …

Xornalistas Galegas preséntase en Santiago o 10N para reivindicar un xornalismo feminista

Xornalistas Galegas, unha asociación que integra a mulleres profesionais do eido da comunicación, preséntase publicamente o sábado 10 de novembro nun acto no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela. Neste evento reivindicarase a necesidade dun xornalismo feminista. O programa do acto, no que se está traballando neste momento, recollerá o …

Xornalistas Galegas reivindica o papel dos medios de comunicación na loita feminista

O colectivo participou nunha mesa redonda sobre Sororidade dentro do acto "A Autoorganización como resposta á violencia de xénero" organizado pola Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo O colectivo Xornalistas Galegas reivindica o papel que deben xogar os medios de comunicación na loita pola igualdade de xéneros e contra a violencia …

Xornalistas Galegas defende un tratamento rigoroso das informacións sobre violencia de xénero

O colectivo participou este sábado na I Romería Feminista de Barbadás Na mesa de debate avaliouse o papel dos medios tralo 8M O colectivo Xornalistas Galegas vai tecendo novas redes. Este sábado participamos na I Romería Feminista de Barbadás na que intercambiamos propostas sobre igualdade coa Marcha Mundial das Mulleres, a Plataforma Feminista Galega, xuízas …

Ribadeo organiza unhas xornadas para atallar a violencia de xénero dende o ámbito local

A localidade lucense de Ribadeo acolle os días 21 e 22 de setembro a décimo primeira edición das Xornadas de Abordaxe Integral da Violencia de Xénero no Ámbito Local, baixo o lema “Reafirmando estratexias”. Xustiza patriarcal, violencia simbólica, o sistema de desigualdade e as estratexias para combater as violencias machistas dende a autodefensa feminina son …

Xornalistas Galegas participará na I Romería Feminista de Barbadás

O vindeiro 29 de setembro o concello ourensán de Barbadás aspira a converterse na capital da igualdade en Galicia e Xornalistas Galegas non podía faltar á celebración da súa primeira romería feminista, que se celebra baixo o lema “Logo do 8M camiñamos”. A iniciativa trata de tecer redes entre colectivos que traballan dende diferentes eidos …

Manifesto – Por un xornalismo feminista

Mulleres profesionais de todos os ámbitos da comunicación, xornalistas, fotoxornalistas, comunicadoras, formadoras, investigadoras, técnicas audiovisuais e demais produtoras de información en calquer soporte mediático, coincidimos na necesidade de articular un colectivo profesional feminista que impulse a produción dun xornalismo con perspectiva de xénero que se reflicta tanto na información que xeramos como nas condicións nas …

Xornalistas Galegas nace en Compostela

O colectivo Xornalistas Galegas arrancou hoxe sábado 7 de xullo, na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, coa sinatura dun manifesto fundacional no que se recollen os principais obxectivos para integrar a perspectiva feminista no xornalismo e defender ás mulleres de todos os ámbitos das ciencias da comunicación. A reunión deste sábado …