O colectivo denuncia o incumprimento, vinculado á externalización de contidos, da Lei dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia e reivindica a necesidade de defender a produción interna e garantir as condicións laborais do persoal para blindar un xornalismo independente ao servizo do ben común, que inclúa a defensa da igualdade de mulleres e …
Xornalistas Galegas aplaude a perspectiva de xénero nunha compilación de informacións dos medios galegos e estatais con motivo do 8M
O colectivo difunde a través da súa web e redes sociais máis de medio centenar de pezas publicadas no último ano nas que se promove a visibilización das mulleres como referentes e a desaparición dos roles sexistas O recoñecemento a figuras pioneiras, loita contra estereotipos, o afondamento na diversidade feminina, ou a análise das desigualdades …
Máis dun cento de xornalistas e comunicadoras galegas dan conta de situacións de violencia machista e acoso sexual
Xornalistas Galegas realiza unha consulta a profesionais no marco do 25N para dar a coñecer testemuños reais de prácticas discriminatorias comúns nas empresas de comunicación Comentarios incómodos, tocamentos, chantaxe sexual, presións, fontes violentas, bolseiras acosadas e abusos de poder son algunhas das agresións que relatan as participantes O 60% das consultas traballa no ámbito da …
Xornalistas Galegas fai un chamamento aos poderes públicos para a compatibilidade das convocatorias de prensa e a conciliación
Co gallo do Día da Muller, a asociación promove unha racionalización dos horarios dos actos que requiren cobertura informativa para contribuír á conciliación das mulleres dos medios, que afrontan dificultades engadidas derivadas da natureza da súa profesión Santiago, 8 de marzo de 2023. A asociación Xornalistas Galegas, formada por mulleres profesionais de todos os ámbitos …
Xornalistas Galegas chama os medios a informar sobre o aumento da precariedade social e laboral das mulleres tras dous anos de pandemia
O colectivo remite ás redaccións unha compilación de informes e ferramentas de organismos internacionais que evidencian o incremento da desigualdade entre sexos Co gallo do Día da Muller, a asociación promove o cancelo #8MninUnPasoAtrás en redes A asociación Xornalistas Galegas, formada por mulleres profesionais de todos os ámbitos da comunicación comprometidas cun xornalismo feminista, chama …
Xornalistas Galegas urxe á creación dun departamento de xénero nos medios de comunicación de Galicia
A asociación incide na necesidade inmediata dunha figura transversal para evitar a publicación de contidos machistas, sexistas ou que banalicen a violencia de xénero
Xornalistas Galegas chama os medios a incidir no agravamento da desigualdade de xénero por mor da pandemia
O colectivo reivindica a perspectiva feminista nos contidos para visibilizar accións en favor da igualdade e afastar os discursos discriminatorios Co gallo do Día da Muller, a asociación compila baixo a etiqueta #8MmaliaACovid publicacións sobre o retroceso nos dereitos das mulleres A asociación Xornalistas Galegas, formada por mulleres profesionais de todos os ámbitos da comunicación …
Xornalistas Galegas impulsa ante o Parlamento unha iniciativa para garantir o cumprimento das leis de igualdade e violencia de xénero nos medios
A asociación rexistrará unha proposición non de lei de iniciativa popular para promover medidas coercitivas para as empresas de comunicación O texto insta á Xunta de Galicia a dar conta pública dos apercibimentos remitidos a medios pola publicación de contidos sexistas e a establecer as canles para integrar nas tarefas de control as denuncias dos …
Xornalistas Galegas reivindica un tratamento especializado da información sobre violencia de xénero
O colectivo lembra aos medios a necesidade de contar con profesionais e fontes especializadas neste ámbito e ínstaos a evitar a difusión de contidos que banalicen a problemática ou sostenten discursos misóxinos
Xornalistas Galegas solicita á Secretaría Xeral de Igualdade que reforce os mecanismos para garantir o compromiso dos medios coa perspectiva feminista
O colectivo mantivo unha reunión con Susana López Abella para avaliar o cumprimento da prensa galega coas leis de igualdade e contra a violencia de xénero.

