A asociación súmase ás reinvidicacións do feminismo galego polo 8M e demanda das empresas de comunicación o impulso ás editoras de xénero, formación específica nas redaccións e o veto aos anuncios de prostitución A asociación Xornalistas Galegas, integrada por representantes de todos os ámbitos de comunicación comprometidas cun xornalismo con perspectiva de xénero, súmase ás …
Xornalistas Galegas participa no debate sobre a discriminación da muller no deporte promovido pola II Romaría Feminista de Barbadás
A xornada celebrada o sábado 5 urxiu máis recursos e formación xudicial e sanitaria para protexer as vítimas de violencia de xénero Towanda Rebels e Feminista Ilustrada recoñecen o papel crucial das RRSS para impulsar o movemento feminista O municipio de Barbadás converteuse o pasado sábado en capital galega da igualdade coa celebración da II …
Xornalistas Galegas denuncia a discriminación das voces femininas como referentes de opinión nos medios de comunicación
O colectivo solicita aos responsables das empresas informativas máis espazos para a muller nas seccións de Opinión logo de comprobar que durante o mes de abril a representación feminina nos xornais dominicais galegos situouse só no 17% A asociación Xornalistas Galegas, formada por mulleres profesionais de todos os ámbitos da comunicación comprometidas cun xornalismo feminista, …
Xornalistas Galegas participa no II foro As mulleres que opinan son perigosas de Pontevedra
As Xornalistas Galegas participamos o pasado sábado no II Encontro de Mulleres Columnistas As mulleres que opinan son perigosas, organizado polas comunicadoras Susana Pedreira e Diana López Varela xunto coa Deputación e o Concello de Pontevedra, o CIM pontevedrés e a Escola de Igualdade María Vinyals, tras a recente consolidación como asociación de carácter horizontal. …
Xornalistas Galegas reclama un tratamento cualificado e rigoroso da información sobre violencia de xénero
O colectivo remite a profesionais dos medios de comunicación unha compilación sobre guías, manuais, decálogos e informes existentes para abordar esta temática A Declaración de Compostela impulsada polo Observatorio Galego de Medios e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, o manual Medios de Comunicación e Violencia de Xénero da Xunta de Galicia e diversos …
Xornalistas Galegas impulsará a creación dunha axenda de expertas e un observatorio de medios
Mulleres profesionais de todos os ámbitos da comunicación presentan en Compostela un colectivo para acadar un xornalismo con perspectiva feminista. Xornalistas Galegas, asociación formada por un amplo grupode comunicadoras galegas, presentou hoxe as súas liñas de traballo encamiñadas a acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria a partir da produción dun xornalismo con perspectiva feminista. …

