Xornalistas Galegas condena os ataques ao patrimonio público e subliña o perxuizo para o movemento feminista

Xornalistas Galegas condena firmemente os ataques ao patrimonio público galego a través de pintadas aparecidas en edificios históricos do país nas últimas horas. O colectivo subliña o perxuizo que estas accións marxinais xeran ao movemento feminista, tentando velar o éxito rotundo das mobilizacións do pasado 8M. Como asociación de mulleres comunicadoras e feministas, Xornalistas Galegas …

Oito de cada dez comunicadoras galegas secundaron a folga do 8M

O 76% das traballadoras dos medios e os gabinetes de comunicación de toda Galicia secundaron a folga de mulleres do 8 de marzo, segundo os datos obtidos por Xornalistas Galegas. Xornalistas, fotógrafas, infografistas ou deseñadoras dos medios e gabinetes de comunicación das catro provincias galegas uníronse de xeito masivo á folga feminista convocada a nivel …

Xornalistas Galegas participa no II foro As mulleres que opinan son perigosas de Pontevedra

As Xornalistas Galegas participamos o pasado sábado no II Encontro de Mulleres Columnistas As mulleres que opinan son perigosas, organizado polas comunicadoras Susana Pedreira e Diana López Varela xunto coa Deputación e o Concello de Pontevedra, o CIM pontevedrés e a Escola de Igualdade María Vinyals, tras a recente consolidación como asociación de carácter horizontal.  …

Xornalistas Galegas censura o acoso persoal contra unha profesional por denunciar un videoclip machista

Despois da publicación dunha nova na que unha profesional explicitaba o carácter machista do novo videoclip dun grupo de música local, o pasado 18 de xaneiro, Xornalistas Galegas denuncia o acoso persoal sufrido a través das redes sociais nos últimos días e, ao mesmo tempo, aplaude a súa responsabilidade por sinalar a explotación sexual como …

«Machinazi»

Hay palabras que se las lleva el viento, pero otras te calan hasta el tuétano y son como la sintonía pegadiza de una canción que te queda grabada en el subconsciente. También las hay que van mucho más allá y se convierten en un tatuaje en el alma. María Xosé Porteiro nos regaló una de …

Cómplices

Amence escuro xa o terceiro día do 2019. Cáenos o mazazo da primeira asasinada pola violencia machista do ano cando aínda estabamos a asentar o estómago despois de comprobar como a prensa recollía esa mesma mañá un nauseabundo retrato dalgo chamado “calzonazos”. Máis gasolina ao lume machista que se emprega para matar mulleres. Para matarnos. …

Xornalistas Galegas chama aos medios a non difundir opinións que banalizan a violencia machista

A raíz da publicación dun artigo de opinión por parte de dous medios de comunicación galegos no día de onte, 2 de xaneiro do 2019, que aborda a violencia de xénero cun enfoque trivial,  Xornalistas Galegas chama aos medios a asumir a súa responsabilidade de non difundir informacións nin opinións que banalicen a violencia machista. …

Xornalistas Galegas reclama un tratamento cualificado e rigoroso da información sobre violencia de xénero

O colectivo remite a profesionais dos medios de comunicación unha compilación sobre guías, manuais, decálogos e informes existentes para abordar esta temática A Declaración de Compostela impulsada polo Observatorio Galego de Medios e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, o manual Medios de Comunicación e Violencia de Xénero da Xunta de Galicia e diversos …