Xornalistas Galegas aplaude a perspectiva de xénero nunha compilación de informacións dos medios galegos e estatais con motivo do 8M

O colectivo difunde a través da súa web e redes sociais máis de medio centenar de pezas publicadas no último ano nas que se promove a visibilización das mulleres como referentes e a desaparición dos roles sexistas O recoñecemento a figuras pioneiras, loita contra estereotipos, o afondamento na diversidade feminina, ou a análise das desigualdades …

Máis dun cento de xornalistas e comunicadoras galegas dan conta de situacións de violencia machista e acoso sexual 

Xornalistas Galegas realiza unha consulta a profesionais no marco do 25N para dar a coñecer testemuños reais de prácticas discriminatorias comúns nas empresas de comunicación Comentarios incómodos, tocamentos, chantaxe sexual, presións, fontes violentas, bolseiras acosadas e abusos de poder son algunhas das agresións que relatan as participantes O 60% das consultas traballa no ámbito da …

Xornalistas Galegas fai un chamamento aos poderes públicos para a compatibilidade das convocatorias de prensa e a conciliación

Co gallo do Día da Muller, a asociación promove unha racionalización dos horarios dos actos que requiren cobertura informativa para contribuír á conciliación das mulleres dos medios, que afrontan dificultades engadidas derivadas da natureza da súa profesión Santiago, 8 de marzo de 2023. A asociación Xornalistas Galegas, formada por mulleres profesionais de todos os ámbitos …

Xornalistas Galegas chama os medios a informar sobre o aumento da precariedade social e laboral das mulleres tras dous anos de pandemia

O colectivo remite ás redaccións unha compilación de informes e ferramentas de organismos internacionais que evidencian o incremento da desigualdade entre sexos Co gallo do Día da Muller, a asociación promove o cancelo #8MninUnPasoAtrás en redes A asociación Xornalistas Galegas, formada por mulleres profesionais de todos os ámbitos da comunicación comprometidas cun xornalismo feminista, chama …

Xornalistas Galegas chama os medios a incidir no agravamento da desigualdade de xénero por mor da pandemia

O colectivo reivindica a perspectiva feminista nos contidos para visibilizar accións en favor da igualdade e afastar os discursos discriminatorios Co gallo do Día da Muller, a asociación compila baixo a etiqueta #8MmaliaACovid publicacións sobre o retroceso nos dereitos das mulleres A asociación Xornalistas Galegas, formada por mulleres profesionais de todos os ámbitos da comunicación …

Xornalistas Galegas impulsa ante o Parlamento unha iniciativa para garantir o cumprimento das leis de igualdade e violencia de xénero nos medios

A asociación rexistrará unha proposición non de lei de iniciativa popular para promover medidas coercitivas para as empresas de comunicación O texto insta á Xunta de Galicia a dar conta pública dos apercibimentos remitidos a medios pola publicación de contidos sexistas e a establecer as canles para integrar nas tarefas de control as denuncias dos …

Xornalistas Galegas chama á representación política a garantir o cumprimento das leis de igualdade e violencia de xénero nos medios

A asociación súmase ás reinvidicacións do feminismo galego polo 8M e demanda das empresas de comunicación o impulso ás editoras de xénero, formación específica nas redaccións e o veto aos anuncios de prostitución A asociación Xornalistas Galegas, integrada por representantes de todos os ámbitos de comunicación comprometidas cun xornalismo con perspectiva de xénero, súmase ás …